Casa da Penela

Vaya al Contenido

Menu Principal:

Casa da Penela é unha casa rural situada en Mondoñedo, Lugo, que nace da ilusión de poder crear un proxecto de turismo rural sostíbel. A idea de aplicar criterios sostíbeis ao proxecto foi o comezo do que hoxe é Casa da Penela.


Para a remodelación da finca mantívose no posíbel a estructura e materiais orixinais da vivenda así como a conservación da arquitectura primixenia da casa. A bioconstrucción foi a escolla para a recuperación total da Casa da Penela.

Nela convive a enerxía das placas solares tanto fotovoltaicas como aeroxeradores.

Casa da Penela nace co fin de achegar de novo as tradicións galegas así como o modo de vida rural. Os costumes que se foron perdendo preténdense recuperar neste proxecto evitando así un turismo rural modernizado alleo á realidade. A xente que visite a Casa da Penela sentirase nun lugar auténtico que ofrece espazos acolledores e vistas fermosas.

 

Casa da Penela | Chao do Val, 1 Vilamor - 27752 Mondoñedo | Telfs. 645 971 877 - 629 829 210

Regreso al contenido | Regreso al menu principal